Eu son

xoves, 11 de xuño de 2015

une-saison-en-enfer

Posología: alprazolam 50mg 1-1-1 + besitran 75mg 1-0-0


une saison en enfer. repite comigo. un-saison-en-enfer.
Olga Novo

50mg de Besitran, principio activo: sertralina.
Ao comezo, era líquida.
"Son solo unas gotas. No es nada. Empezaremos con unas dosis muy pequeñitas."
Chuchei do dosificador todas as doses durante dous meses,
ata que lin o prospecto. Foi aí cando souben que
Contiña alcol puro e precisaban ser disoltas en auga.

Seguían a sentirse como agullas sucias e amarelas a rasparme a lingua.

As benzodiacepinas conducíame a un estado de somnolencia perpetua.
O primeiro día que as tomei, o psiquiatra dixo
"Mándame un e-mail este fin de semana para contarme como respondes a ellas"
Ás nove da noite estaba a durmir. Pracidamente. Álvaro velaba o meu corpo cunha sombra de medo nos ollos.

A ansiedade é só un corpus
dunha linguaxe
moito maior.
Non chega para explicar entender aprehender
a semántica do medo.

A miña primeira sesión no psiquiatra
el non tiña panos de papel na consulta.
Tivo que saír e tardou varios minutos en volver

No silencio da oficina, limpeime a cara coas mangas.
Lembro pensar que, efectivamente,
todo se fora á merda.


Volveu cunha caixa de cartóns chea de panos.
El non o sabe pero era igual
á que meu pai ten sempre

na mesiña de noite.

mércores, 3 de xuño de 2015

21 de decembro de 2014

imaxino que
rematerei por convertirme
nunha muller acuática
con tristísimos ollos
de peixe e branquias


boquexando 
no asfalto quente 
en verán.

domingo, 3 de maio de 2015

During my first psychiatric session
he hadn't kleenex in his office
had to leave and took several minutes to return

meanwhile, me, in the silence of the room
cleaning my face with my sleeves
thought that, indeed,
everything had gone to hell.

the psychiatrist returned with a tissue box in his hand
he didn't know but it was like
the one my father always has
on his nightstand.
Castle non cre no bloqueo de escritor,
pero Castle non entende unha merda
porque é unha personaxe de ficción.

Proba a estar doce meses cun intenso
 tratamento psiquiátrico.

quen establece as estacións
que agardan detrás da casa
mentres apodreces na cama

quen di cando acaba o inverno
se todos os días
 segue a ser a mesma noite
quen carallo vai sacarme deste
estado de cousas

Polo mundo en diante

Seguidores